Un ano máis, co comezo do curso escolar, tamén chegan os novos proxectos, e os non tan novos! Volve Anacos de nós, desta volta será: Enfocando anacos de nós.
O obxectivo segue a ser o mesmo, levar a cabo actividade culturais e de lecer a través dun grupo mixto formado por usuarios/as da Asociación Juan XXIII e o grupo promotor da actividade, xunto con todas aquelas persoas interesadas en compartir un anaco do seu tempo.

Lecer e cultura unidos pola inclusión.

Tal e como fixéramos na edición anterior, concentraremos toda a nosa actividade nunha fin de semana.
Seguimos coa idea que as barreiras e os falsos mitos que van unidos ao concepto de discapacidade se poden derribar, e para iso só é preciso vivir “un anaco” de experiencias enriquecedoras.

Este proxecto é posible coa axuda de:

Imprimir