_gVTcdc_

Anacos de nós é un proxecto que busca a realización de actividades de inclusión, e para poder incluir fai falta o apoio dunha asociación como Juan XXIII.

Esta asociación, que leva moitos anos traballando pola  formación e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual, será a outra parte deste proxecto.

Podemos contarvos que é o que fan, onde e como… Que non é pouco!

Son moitos os e as profesionais que traballan nos diferentes centros (ocupacional, de día, e de educación especial) así como na vivenda tutelada.

Tamén podedes entrar na súa web e informarvos. Pero cremos que o mellor e que te anotes a esta experiencia para compartir un anaco do teu tempo cos propios usuarios, e así coñecer de primeira man todo o que eles fan.