Quedan apenas unhas horas para que demos comezo o proxecto Anacos de nós.

Certo é que xa o comezamos no momento que o ideamos, e xa se fixo real no momento en que obtivemos a subvención necesaria, pero mañá reuniremos as e os participantes para gozar dun día de ocio entre iguais.

O tempo vainos acompañar, e o espazo non pode ser máis bonito!!!

Para aqueles e aquelas que nos queirades seguir, temos unha conta de twitter @anacosdenos, ademáis do noso facebook, dende o que vos ensinaremos o que vos estades a perder 🙂

Pero tranquilos e tranquilas, que aínda tedes outra oportunidade o día 10 de outubro.

E nós, a descansar! Mañá vai ser un día estupendo!

Pd: O noso hastag #anacosdenós!!!