21,22 e 23 de Setembro: Negreira, Brión e Herbón

Enfocando Anacos de nós

E aos poucos, xa chegamos a nosa cuarta edición de Anacos de Nós, e como non queremos perder o norte, nin os obxectivos iniciais deste proxecto, desta volta imos enfocar ben as nosas mentes e sacar o maior partido a esta convivencia.
E para iso contamos con, ademais das experiencias que nos imos levar, un recordatorio anual co que implica para nós a inclusión. Imos facer un calendario cos nosos lemas e as nosas imaxes, animaste a formar parte?

Aquí queda o noso cronograma para que vexades o que temos preparado!

 

VENRES, 21 DE SETEMBRO

20.00h. Chegada e instalación.
21.30h. Aseo e tempo libre.
22.00h. Cea.
23.00h. Actividade 2: Velada – Nós tamén contamos.
00.30h. Fin da xornada!

SÁBADO, 22 DE SETEMBRO

08.00h. Despertar creativo.
08:30h. Almorzo.
10.30h a 14:30h. Actividade 1: Rafting en Herbón.
15.00h. Comida.
18.00h. Actividade 2: Club termal Brion.
21.00h. Regreso  e tempo de aseo.
22.00h. Cea.
23.00h. Actividade 3: Velada; Imos montar unha foliada!!
00.30h. Fin da xornada!

DOMINGO, 23 DE SETEMBRO

9.30h. Desperta creativo.
10.00h. Almorzo.
11.30h.-14:30 Actividade 1: Paseo a cabalo e Actividade enfocando. (Dividirémonos en tres grupos para realizar tres paseos de unha hora de duración cada un).
15.00h. Comida de picnic.
16:30h. Actividade 2: Dinámicas de avaliación.
17.00h. Iniciamos o regreso as nosas casas.