1_2015-10-10 17

O pasado sábado tivemos un día estupendo por terras ourensanas.

A primeiro hora da mañá recollimos as e os participantes nos diferentes puntos marcados (Pontevedra, Vedra e Padrón) e dende alí nos diriximos a Allariz.

Como o día estaba algo nublado, e aínda que os e as participantes viñan ben preparados e preparadas, tivemos que ir amodiño pola estrada para chegar a Allariz e alí comezar un día de actividades xeniais.

En nada se pareceu á actividade levada a cabo en Vedra, aquí todo foi máis tranquilo e calmado, pero si houbo algo en común: o grupo levouse ben dende o primeiro momento, e as risas e os bos momentos non faltaron.

En Allariz comezamos cunha visita aos V Festival Internacional de Xardíns. Escollimos esta primeira actividade porque parecíanos interesante darlle visibilidade a un proxecto tan singular, así como polo feito de ter a uns e unhas expertas na materia. Parte dos usuarios e usuarias da Asociación Juan XXIII traballan na área de xardinería, e moito gozamos vendo cada un deles…. e ata falamos de presentar un o ano próximo!!! Temos a xardiñeiros e xardiñeiras, carpinteiros e carpinteiras e logo… pois moitos voluntarios e voluntarias.

Logo comezou un percorrido por Allariz dun xeito diferente. Divididos en dous grupos os e as participantes realizaron unha descuberta pola vila, onde tiveron que atopar a resposta a unha serie de preguntas que so os e as habitantes de Allariz poderían saber.

Houbo algunha pequena “discusión” no momento de contrastar as respostas, pero tamén houbo un grupo que tivo un guía anónimo que se xuntou a actividade só polo mero feito de axudar!! Dámoslle as grazas!!

Fixemos unha parada para xantar todos e todas no Hostal Alarico, na mesma vila, e unha vez coas forzas recuperadas, tocou o momento máis esperado…. AS TERMAS DE OUTARIZ!!!

Ese si que foi o momento estrella!!!!! Incluso aquelas que dudaban de meterse, unha vez no auga non houbo que as sacara… e de feito, o tempo pasousenos voando… Porque cando se está en boa compañía o tempo se queda corto!

E así, volvimos a coller as nosas furgonetas e volvimos a cada un dous puntos de recollido, pero esta vez para deixar a todos e todas… desexando que nos vexamos moi pronto!