Hai límite de idade?
O proxecto está integrado dentro do programa Iniciativa Xove e vai dirixido a galegos e galegas de 18 a 35 anos. Pero non deixes de anotarte se eres maior de idade, pois faremos o posible por poder incluir a todas as persoas interesadas.
Cantas prazas hai dispoñibles?
Temos 8 prazas libres para cada actividade. A outra metade están reservadas para os usuarios/as da Asociación Juan XXIII.
Cantas prazas podo solicitar?
Cada reserva é individual, pero podes apuntarte a vir ás dúas actividades se queres.
Canto me vai custar?
Participar en Anacos de nós e completamente gratuíto, xantar incluído. Só tes que poñer as tús ganas de aprender e convivir. Iso si, o desprazamento ata o punto de encontro corre da túa conta.
Que preciso levar?
Ímonos mover, e estaremos andando dun lado a outro, co cal é bo levar roupa cómoda e calzado cómodo.
Non podemos esquecer que estamos en Galicia, e unha peza de abrigo nunca está de máis para evitar o frío de última hora da tarde.
Tamén é necesario levar toalla e todo o necesario para o noso aseo persoal. E non esquezades o saco de dumir!