El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O pasado domingo despertamos moi cedo para comezar o que sería un día cheo de actividades, risas, pero sobre todo, moi boa compañía.

Ás 10h unha furgoneta conducida por Tati estaba esperando por : Silvia, Eli, Xiana, Pili, Luis, Martín e Álvaro, os e as participantes que formaban parte do grupo escollido pola Asociación Juan XXIII para participar no proxecto Anacos de nós.

Un pouco máis tarde, outra furgoneta conducida por Chío recollía as outros participantes, que viñan de  Vedra, A Estrada e Ourense!! Pablo, Sandra, Laura e Brocos uníanse ao grupo informal Implícate para formar parte desta experiencia.

Pasamos toda a mañá na área recreativa de Agronovo en Vedra. Un espazo precioso onde o río Ulla é o punto importante e o que nos permitiu facer Kaiak.

Non podemos dicir nada malo do Kaiak. Tiñamos un monitor, Ramón, que nos explicou estupendamente como movernos con soltura polo auga paleando río arriba e río abaixo, e os e as participantes, outra cousa non…. pero palearon río arriba e río abaixo durante tres horas!!!!!!!!

Pero non todo foi estar no auga: Tamén aprendimos o noble arte do tiro con arco. Zas explicounos moi ben como facer para dar na diana…. e houbo quen acertou (Pili e Xiana demostraron ser unhas máquinas) e houbo quen non (Tati e Chío pódense retirar da competición).

Gozamos tamén de bos momentos practicando cos diferentes xogos tradicionais que alí tíñamos: a tartaruga, os zancos, os aros, os bolos, a corda, a pesca da botella, a chave….. e así un sin fin de xogos cos que xogamos nós e o grupo de educadores e de educadoras que estaba tamén en Vedra logo dunhas xornadas que tiveran lugar o día anterior.

A comida foi compartida con eles, compartimos as nosas empanadas e alitas de polo, con eles e elas, que trouxeron ensaladas de pasta, de couscous, postres ricos…. vamos! todo rico rico! que non se diga que nestas terras de Vedra non se come ben.

Logo de xantar co grupo de educadores e educadoras, xogamos un rato con eles, ou máis ben, como foi no caso de Álvaro e a chave, fixemos unha clase maxistral de como dar no cravo! (na chave neste caso).

A tarde, logo de recoller todo Agronovo, dirixímonos ao Concello de A Estrada, onde fixemos unha actividade orixinal no Pazo de Oca que nos permitiu coñecer o espazo dun xeito distinto.

Divididos en dous grupos, fixemos un Raid Fotográfico con un montón de probas… Pero como somos ben listiños e listiñas en menos dunha hora xa o tíñamos rematado e aproveitamos para pasear todo o grupo polo bonito Pazo de Oca.

E para rematar e despedirnos ben, tanto do grupo como das Terras do Ulla, dirixímonos ao mirador de Gundián onde puidemos, non so gozar dunhas vistas explendidas, senón tamén, dunha avaliación moi orixinal.

Quedamos encantadas con esta visita! e xa estamos a organizar a próxima en Allariz… como facer para que sexa tan xenial?!?!?
Se contamos cun grupo tan marabilloso como este, pouco temos que facer!