Cartel Anacos 3-0

E volvemos un ano máis! E xa van tres facendo unha actividade tan molona como é Anacos de Nós.

Este ano, e vendo o ben que funcionara a convivencia en Arbo, decidimos apostar por unha soa fin de semana de actividades, pero menuda fin de semana!

O vindeiro 6 de outubro marchamos para O Courel, en Lugo, a única provincia que nos quedaba por visitar lodo destes anos de actividades.
Estaremos alí tres días e dúas noites, de convivencia, risas, actividades e compartindo tempo xuntos.

Se queredes participar non dubidedes en anotarvos na nosa páxina de “Quero participar”, hai poucas prazas, así que bulide!!!