Felices de poder estar un ano máis facendo este proxecto, desta vez II Anacos de nós.

Anacos de nós xurdiu entre cafés e cervexas, de relax, como nacen todos aqueles proxectos aos que lles colles moito cariño. Pensando, falando, imaxinando, comezou a idea de facer actividades de tempo libre cun grupo de usuarias e usuarios da Asociación Juan XXIII.

Atopar o nome do proxecto foi moi doado, porque a palabra Anacos era unha palabra que nos gustaba moito e transmitía unha idea moi clara: A intención de compartir parte do noso tempo, un anaco, con outras persoas.

E así foi como nos fumos a Vedra e pasamos un día en terras ourensás. E a experiencia non puido ser mellor.

O funcionamento do proxecto é moi sinxelo: escoller un lugar e levar a cabo unha serie de actividades coas que poder interactuar todas as persoas participantes.

En Vedra gozamos de unha mañá de kayak e de xogos populares, e logo fumos de visita cultural ao Pazo de Oca. En Ourense decidimos coñecer primeiro Allariz para logo pasar unha tarde de relax nas termas. Gozamos de tempo xuntos, comimos e rimos, e comprendimos, por se aínda quedaba dúbida, que o concepto de discapacidade é un concepto erróneo e sobre o que queda moito que traballar.

Por iso voltamos, con II Anacos de nós,  con moitas ganas e novas actividades, porque se o noso obxectivo é compartir tempo xuntos, tamén o é derribar as barreiras dunha palabra que cremos que non reflexa unha realidade, senón que impón uns criterios erróneos e despectivos.

E así comezamos, o vindeiro 10 de Setembro en O Grove, e os seguintes fines de semana; en Lalín e en Arbo. Actividades culturais, deportivas e de tempo libre farán parte das nosas xornadas, pero sobre todo as ganas de pasar un anaco do noso tempo con outras persoas.

img-20160908-wa0000

 

Podes anotarte aquí